Un escritor chairego, no «top» vendas de Amazon

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Xosé Torres
Xosé Torres

A terceira publicación de Xosé Torres Piñeiro, «Poesía da Chaira», chegou a ser número un entre os máis vendidos da multinacional

15 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A terceira publicación do músico e escritor de Saavedra, Begonte, Xosé Torres Piñeiro está sendo un éxito de vendas. Publicado en edición kindle, foi número un de vendas na plataforma Amazon. Poesía da Chaira: 12 poemas chairegos, integramente en galego, conseguiu colarse no «top» vendas da multinacional aos poucos días de saír á venda. Chega ao mercado tralo éxito de Poemas y canciones de una vida e de Poemas del alma y de vida.

«Este poemario recolle un dos primeiros poemas que eu escribín, lembrando a miña nenez, a vida que tiñamos e viviamos, o que nos ensinaban naqueles fogares da aldea onde tan felices eramos, inda que só estaban cheos de carencias. Lembranzas e acontecementos que, a xeito de versos, eu lles fun dando o sentido e amosando sempre o que sentía no corazón. Momentos duros na miña vida emocional leváronme a escribir coma se fora una válvula de drenaxe, algo que desexaba ceibar porque no meu ser xa non había máis espazo para a ignominia», explica Xosé Torres.

Faceta musical

Pero antes da súa faceta de escritor xurdiu a de músico, na que comezou coa guitarra e os teclados, como solista, cantautor ou en orquestras, e na que continúa activo. De feito, fundou hai un par de anos o grupo de música antiga Nihil Novum, con instrumentos de época, medievais e renacentistas, e que está tendo moito éxito.