Tableros Hispanos

Veciños de O Vilar CARTA ABERTA

LUGO

10 ago 2019 . Actualizado a las 19:08 h.

A nosa loita pretende protexer a saúde da xente e o medio ambiente. A conservación do noso entorno é compatible coa creación de postos de traballo ou mantemento dos mesmos. Se cumpren a normativa, mellorarán as dúas cousas.

Solicitamos ao Concello información sobre a ampliación de Tableros Hispanos (como parte afectada que somos), pero negáronse a entregarnos nada. Só podemos velo nas oficinas e dado que é un proxecto grande, non é viable ir aí todos os días. Dinnos que a Administración autonómica non lles entregou os informes solicitados para poder tramitar a licenza de obra, solicitada o 15 de marzo do 2018. Dado que non hai nin informes, nin licenza e a obra, se non está acabada, está moi avanzada, quen controla as emisións de tóxicos? E os vertidos?

Solicitamos á Xunta control oficial do funcionamento desta fábrica e enviounos os controles que lle fai unha OCA á empresa. Esta OCA (Eurocontrol) pon referíndose o dato de produción que «han sido aportados por la empresa y no han sido verificados». Sabendo que hai veciños vivindo moi cerca, incluso un colexio, non entendemos como a Xunta non actúa de oficio xa.

Polo ocorrido recentemente nesta fábrica, cun morto, un ferido grave e intoxicados, está claro que ningunha administración está cumprindo a súa obriga de inspección. (Recordo sincero á familia do falecido e do seu compañeiro convalecente. Forza).

Outro problema ven provocado pola acumulación de madeira no perímetro da fábrica. Como a Administración permite isto? O risco de incendio, tristemente comprobado, podería provocar unha traxedia aínda maior.