O bosque sagrado de Augusto

María L. Sández TRIBUNA

LUGO

Arde Lucus
Arde Lucus Óscar Cela

25 jun 2019 . Actualizado a las 12:14 h.

A etimoloxía das palabras encerra parte da súa maxia. As palabras son poderosas e están intimamente vencelladas ás nosas emocións. Con elas, expresámonos, convencemos a outros e mesmo nos imos construíndo pouco a pouco porque, en certo sentido, a nosa identidade é o relato que imos creando sobre nós mesmos con palabras.

Por iso non nos gusta a súa arbitrariedade e tratamos de buscar a súa orixe, a súa etimoloxía, e procuramos o sentido que tiveron no seu comezo, a ligazón ao ser auténtico daquilo que nomean, porque queremos sentilas motivadas.

Esta cuestión, que interesou desde sempre á humanidade, está xa no Cratilo, de Platón,

un diálogo que trata sobre o carácter natural ou arbitrario da linguaxe humana.