«Lugo vístese de primavera», a gala de moda do comercio lucense

La Voz

LUGO

O desfile será 0 30 de marzo en San Marcos e as entradas serán gratuítas, aínda que é necesario solicitar os pases

23 mar 2019 . Actualizado a las 20:03 h.

O deputado de Turismo, Eduardo Vidal; a edila de Cultura, Carmen Basadre; e a presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López, presentaron «Lugo vístese de Primavera». Trátase dunha gala de moda organizada pola asociación, coa colaboración da Deputación e do Concello, coa fin de impulsar o comercio de proximidade. No desfile mostrarán a variedade e calidade dos seus produtos, a través de 20 modelos adultos e preto de 25 nenos, será o 30 de marzo polos corredores da planta baixa do Pazo de San Marcos. As entradas para asistir son gratuítas, sendo o aforo de 300 persoas, polo que é necesario solicitar os convites nos establecementos participantes.

Nesta terceira edición do «Lugo vístese de primavera», novos comercios únense a esta gala. Así desta volta son 23 que darán a coñecer as súas propostas no mundo da moda: téxtil, calzado, xoiería, peletería e complementos, 18 dos establecementos diríxense a adultos, mentres que cinco son de moda infantil.

Os comercios son: Veritas Veritatis, Chic fashion &co, Malizia, Lilas, Cepece, Cuplé, El Armario de QK, Miss Mariquita, Violeta y Chloe, Lugodress, Mariña, Peletería Lucus, Carmen moda, Confecciones García, Urban Foot, Mi Luna, Firi, Opticalia, Miky Moda, Amorissimi, Kucadas, La Compagnie des Petits e Moninadas.

Outra novidade para esta edición é a apertura do desfile a modelos afeccionados ademais dos profesionais, grazas a apertura dun cásting na celebrado na cidade.