O PSOE de Becerreá non pode falar no meu nome

Gumersinda González López

LUGO

17 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

ona María Gumersinda González López, como traballadora do colectivo de Auxiliares de Axuda no Fogar do Concello de Becerreá e a raíz dos artigos publicados na prensa o pasado xoves, quero deixar constancia co presente escrito o meu descontento e a miña disconformidade co que se recolle nos mesmos. Nas informacións estase a falar de tres persoas, cando en realidade a miña persoa como integrante deste colectivo nunca solicitou ser representada en ningún tipo de reclamación.

Estase a falar de tres persoas, cando en realidade a miña persoa como integrante deste colectivo, nunca solicitou ser representada en ningún tipo de reclamación. Entendo que neste momento priman os intereses electoralistas e de desprestixio do servizo ao cal pertenzo, e no que a diario desemprego e cumpro as miñas labores coidadosa e minuciosamente, tendo sempre presente o benestar do usuario, que ademais debe quedar afastado de calquera pretensión de manipulación.

Débese de aclarar e concretar o nome e número exacto de traballadoras que formulan a dita queixa, e non atribuírse un papel de salvadores dunha políticas sociais que levan moitos anos funcionado así, e non só neste concello, no cal as condicións de traballo son mellorables ao igual que noutras profesións, o cal non debe de obviar a obrigación que ten a Administración do cumprimento da normativa e os convenios legalmente establecidos.

A defensa dos dereitos e salarios do persoal debe levarse a cabo sempre e cando exista unha queixa concreta sobre algún aspecto do mesmo, que no meu caso preciso nunca lle foi comunicada ao PSOE nin á persoa que a representa no Concello de Becerreá, polo tanto non lles concede ningún dereito a falar no nome de tres persoas.

Destacar que se nalgún momento da miña vida laboral sufro algunha merma ou recorte tanto salarial como doutros dereitos, poñereino en coñecemento de quen eu crea oportuno, volvendo a incidir que na actualidade e dado que non emitín ningunha formulación ao respecto, pola miña parte, considero necesario que se puntualice o número de persoas que amparan dita queixa, coa finalidade de non infundir dúbida nin incertidumes entre a poboación a cal lle prestamos un servizo de calidade.

María Gumersinda González López. Traballadora do SAF de Becerreá.