OPSdeG ten que liberarse daquelas ataduras orgánicas que lle impiden medrar electoralmente, por iso necesita inicialmente dun secretario xeral con autonomía e reforzado pola militancia.
Se un aspirante á secretaría xeral do PSdeG se presenta porque ten un recoñecemento das bases socialistas, pola súa bagaxe profesional e política, significa que é unha persoa cunhas características e capacidade de atracción e convicción fraguadas na coherencia e credibilidade das súas actuacións.
Gonzalo Caballero é unha persoa nova con experiencia política suficiente, con personalidade, paixón e forza para facer un proxecto participativo renovado, de esquerdas e de unidade ao servizo da cidadanía galega. Galicia clama por ser máis innovadora, ambiciosa, solidaria e cohesionada territorialmente e, ademais, quere ver elevada a calidade de vida da súa poboación. Está esperando que alguén, dende o partido socialista, agrupe e encabece aos sectores de esquerda, progresistas e galeguistas para ofrecerlles a esperanza dunha nova realidade.