Case dúas mil persoas en Pol

LUGO

Este xoves 24 celébrase a XXXIV Festa ó Emigrante

21 ago 2017 . Actualizado a las 20:56 h.

Xoves 24 • A partir das 13.00 horas • Carballeira de Mosteiro (Pol) •

A XXXIV Festa ó Emigrante reunirá este xoves a cerca de 2.000 persoas. A celebración foi presentada onte no Concello de Pol a cargo do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; e o alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega.

O organismo provincial é o principal patrocinador da cita, cunha achega de 6.000 euros e cunha demostración de tear do CentrAD. «A Festa ó Emigrante de Pol é unha das iniciativas consolidadas na provincia, como homenaxe ás persoas que un día tiveron que abandonar o seu fogar na procura dun futuro máis próspero», explicou Campos.

A programación de actividades para o xoves é a seguinte:

· 13.00h. Misa solemne cantada polo Coro Schola Gregoriana Lucensis.

· 13.30h. Pregón a cargo de Francisco Buyo Sánchez, exfutbolista galego do Deportivo, Real Madrid e Sevilla, que aproveitará para presentar o seu libro Buyo. Mi vida en una parada.

· 14.30h. Descubrimento da placa do XXXIV Aniversario da Festa ó Emigrante. Xunto á estatua ao emigrante, na propia carballeira.

· 14.45h. Sesión vermú a cargo do Trío Kalima 3.0.

· 15.00h. Xantar na Carballeira de Mosteiro.

· 16.30h. Demostración de tear. Programa Promoción da Artesanía do CentrAD.

· 16.30h. Xogos tradicionais a cargo de Xotramu.

· 18.00h. Actuación do Trío Kalima 3.0.

· 22.30h. Verbena a cargo das orquestras Olympus e Charleston Big-Band.