O Terra Brava cumpre quince anos cun programa especial

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

O festival do Incio terá lugar o sábado 26

19 ago 2017 . Actualizado a las 13:45 h.

Sábado 26 • Todo o día e a noite • O Incio • De balde • O Festival Terra Brava celebra este ano quince edicións cunha programación especial.

A festa comezará xa pola mañá cunha sesión vermú a cargo do grupo As Vikingas.

Como cada ano, farase un xantar popular para toda a xente que queira asistir. As entradas xa están á venda e poderanse reservar ata dous días antes do festival (máis información na páxina de Facebook https://www.facebook.com/FestivalTerraBrava/). Despois do xantar haberá actividades para nenos e maiores, ademais de música durante toda a tarde.

Pola noite terán lugar os concertos: Os Carunchos (folk actual); Xarín (volta aos escenarios deste grupo mítico do folk, do Incio, que deixou de tocar hai máis dunha década); a Banda Xangai (músicos dos Diplomáticos de Montealto, Os Tres Trebóns, Os Papaqueixos, Zënzar ou Ulträqäns); Jarbanzo Negro (banda que volve a Galicia para este concerto) e Desviaos (grupo con integrantes do Incio na súa maioría).