O BNG quere que se retranqueen dous edificios para protexer a Muralla

LUGO

A concelleira Paz Abraira advirte de que poden ter un impacto visual moi importante sobre o monumento

08 ago 2014 . Actualizado a las 16:44 h.

Dous edificios previstos na confluencia de San Roque e Ronda, na zona da Porta de San Pedro, poden ter un impacto visual sobre a muralla de Lugo, segundo considera a voceira do BNG, Paz Abraira. A súa formación solicitará que se retranqueen para evitar o problema. Os nacionalistas presentaron unha serie de alegacións a actual proposta de modificación puntual do PEPRI que afecta a esta zona.