Lugo presentou o «Códice Calixtino» do século XXI


A galería Sargadelos de Lugo acolleu onte a presentación dos 15 primeiros volumes da colección «A grande obra dos Camiños de Santiago-Iter Stellarum», editada por Hércules de Ediciones. Trátase dun ambicioso proxecto editorial que aspira a recompilar toda a riqueza patrimonial, social e cultural das vías de peregrinación a Compostela, que ata agora recollían máis de 5.000 títulos independentes. «Esta obra está pensada para que dure séculos en bibliotecas, arquivos... Como un Códice Calixtino do século XXI», destacou o presidente da editora, Francisco Rodríguez, que subliñou a perdurabilidade do papel fronte a outros soportes. Personalidades como o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, ou a deputada provincial Pilar García Porto, apoiaron un acto no que interviñeron o coordinador da obra, Segundo Vázquez Portomeñe, e o historiador Ricardo Gómez Polín.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Lugo presentou o «Códice Calixtino» do século XXI