Gaitas e cantigas para lembrar a Rosalía

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

No parque, na Muralla ou diante da Catedral de Lugo homenaxeouse á escritora de Padrón no 176 aniversario do seu nacemento

24 feb 2013 . Actualizado a las 20:55 h.

Gaiteiros e coristas sumáronse esta mañá en Lugo ao acto de homenaxe a Rosalía de Castro, que promoveu por toda Galicia a Asociación de Gaiteiros Galegos, a Fundación Rosalía, a RAG e a Universidade de Vigo. Alborada para Rosalía serviu para celebrar o 176 aniversario do nacemento da escritora de Padrón. En Lugo, o coro galego e a banda de gaitas de Cántigas e Frores actuaron na Muralla e fronte á Catedral. Tamén houbo actuacións no Parque Rosalía e na Praza do Campo Castelo.