«Queremos subir un 10% las 90.000 vacunas puestas en Lugo en 2011»

c. lópez LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

SIMÓN BALVÍS

A dez días do inicio da campaña antigripal, Carlos Quintas revela algunha novidade, como a redución aos 60 anos da idade das persoas destinatarias

14 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O vindeiro día 24 iniciarase a campaña de vacinación fronte á gripe, que rematará o 14 de decembro, aínda que se manterá ata o 31 nos hospitais do Sergas. Unha das grandes novidades desta campaña é que se reduce a idade das persoas ás que vai dirixida. Así, se ata agora os principais destinatarios eran os maiores de 65 anos, nesta ocasión está destinada a todas as persoas de 60 ou máis anos e, por suposto, ás pertencentes aos grupos de risco.

Entre esta poboación diana atópase un amplo abano de xente: persoas con enfermidades crónicas cardiovasculares ou respiratorias; embarazadas; persoas con enfermidades metabólicas crónicas ou inmunodeficiencias; nenos (de seis meses en diante) e adolescentes (ata 18 anos) con tratamentos prolongados con ácido acetil salicílico; persoas con obesidade mórbida e tamén aquelas ingresadas en residencias que padecen procesos crónicos.