Presentación do disco «Cruzo los dedos»

La Voz

LUGO

11 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Dúas semanas antes do festival, Lucía Pérez presentou Cruzo los dedos, editado pola multinacional Warner Music, para promocionar a canción do festival: Que me quiten lo bailao. O traballo xa foi dado a coñecer en Galicia, en lugares como o centro comercial As Termas, en Lugo. Tralo verán continuará a promoción.

-En setembro imos empezar a facer presentacións fóra de Galicia.

-¿Que temas inclúe?

-É un disco variado, para todo tipo de público. Ademais da canción que levamos a Eurovisión, incorpora Abrázame, a da polémica da gala porque era a que eu quería levar ao festival. A maioría das composicións son de Chema Purón e de meu irmán. E leva tamén Adiós ríos, adiós fontes, a única que vai en galego neste traballo.