«É a proposta do Bloque, non só da UPG»

La Voz

LUGO

Bao, cando escoita que a lista que encabeza é a lista da UPG, di de inmediato: «Da UPG só hai dúas persoas», é dicir, el e Paz Abraira. Tamén resposta con celeridade cando se lle pregunta que supón, de cara a elaboración do programa, das propostas do Bloque á sociedade de Lugo, o feito de que nos dos primeiros números da lista haxa dous militantes da UPG: «Ten que quedar ben claro: é a proposta do BNG, non a da UPG. Os criterios políticos son os do Bloque, nesto non hai diferenzas; son criterios nacionalistas e verdadeiramente de esquerdas».

Bao, profesor de Lingua e Literatura Galega, recorda a Manuel María e co poeta di: «Lugo é cidade para vivir e non morrer». Opina que Lugo «é cultura galega en esencia, unha encrucillada urbana e rural, con moitas posibilidades de desenvolvemento». O candidato Bao quere iso, desenvolver as posibilidades de Lugo.