Acordes musicais na fin de curso

María Caravel redac.lugo@lavoz.es

LUGO

03 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Achégase o verán e chega a hora de demostrar o aprendido durante o ano. Con esa intención, a Orquestra de corda e banda do Conservatorio Profesional de Música de Lugo ofreceu onte á tardiña un animado concerto de fin de curso. No encontro musical, que se celebrou no Círculo das Artes, participaron os gañadores do terceiro concurso de solistas.

Tamén estivo entretida a inauguración do primeiro establecemento lucense da cadea galega Pizzerías Cambalache. O novo local hostaleiro, situado na praza Comandante Manso, achega a Lugo un novo «concepto» de restaurante, baseado na gastronomía italo-arxentina. Os seus propietarios, que posúen unha decena de locais na Coruña, afirman que ofrece unha «excelente» calidade a un prezo «más que razoable para todos los bolsillos». Este ano, a cadea celebra os seus 25 anos. Miguel Granero, coa Asociación da Prensa. E no Centro de Prensa de Lugo, o realizador Miguel Granero (Lugo, 1969) falou sobre as experiencias vividas a miles de quilómetros de distancia, na Antártida, onde hai unha tempada gravou o documental que se proxectou onte. O profesional da imaxe, que na Antártida estivo rodeado dun equipo de seis persoas, leva unha década traballando no campo do documental subacuático.