08 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
Ás veces cégannos teorías moi avanzadas e non lle damos valor ás que nos quedan máis preto. A primeira mestra que tivo utilizaba moito os materiais máis próximos aos alumnos. «Cando moitos anos despois preparei a oposición de Educación Infantil, estudaba 'Os museos de bagatelas', das irmas Agazzi, italianas, como un dos sistemas pedagóxicos que foron rompedores na súa época, decateime de que aquilo facíao a miña mestra no Val do Mao». Tratábase, segundo explica Tareixa, de saír recoller landras e bugallos para utilizalos para contar, dividir, sumar... «Era aproveitar todo o que tiñamos ao redor, que sigue de actualidade».