NURIA MUNDIÑA NÚMERO 14 DO PSOE DE LUGO
28 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.Nacín en Lugo hai 33 anos. Son licenciada en Administración e Dirección de Empresas e na actualidade traballo nunha entidade financeira en Sada. Decidín aceptar ese traballo fóra da miña cidade porque me daba a oportunidade de vivir fóra da casa. Agora o meu soño é voltar a Lugo. Tiven a sorte de coñecer a Orozco e deseguida nos entendimos, sobre todo por esa ilusión que transmite de traballar por un Lugo cada vez mellor, por unha cidade moderna, ben comunicada, con persoalidade propia e moito atractivo para os lucenses e para os numerosos visitantes. ¿Por que estou en política? Convenceume a paixón que amosa Orozco por Lugo. Vive ilusionado cada paso adiante da cidade e sofre cada obstáculo no camiño. Transmite a plena convicción de loitar por un Lugo mellor, máis igualitario e máis solidario. É próximo e sincero e fai a clase de política que eu admiro e que quero poñer en práctica. Meu avó foi pedáneo durante moitos anos, era un home moi querido porque tiña unha capacidade de diálogo envexable. Gústame o proxecto de goberno que presentamos e estou segura de continuaremos esa liña marcada ata o de agora que dirixe a Lugo cara o futuro.