TRIBUNA | O |
23 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.DINME que van actuar xuntos, e eu estoume preparando. Orozco é a voz rexa, trunfante, resoante no exterior. A súa palabra vive, e pode vivir da palabra. Joaquín é a tradición, a colleita, a sinxeleza, o concepto claro e desnudo. ¿Xuntos? Os seus públicos son tan diferentes que non sei que van facer no mesmo estrado, que non sei que imos facer os lucenses no seu recital. E de teloneiro, ¿Coti? Manolo Escobar fixo caer as portas do recinto do Seminario. Julio Iglesias fixo tremar centos de corazóns ateigados de amores lánguidos. Orozco desperta amores espontáneos, evanescentes. Joaquín orixina sentimentos repousados, admirativos, reflexivos. ¿E cando será? Coido que deixarán pasar as eleccións. Quizais no San Froilán, no que cabe todo. De todos os xeitos, non acabo de ver xuntos nun escenario a Antonio Orozco e a Joaquín Díaz, como oín que din que van causar sensación. Imposible que escoitara ben. Ten que ser outra cousa.