Os redondeos

LUGO

ATALAIA | O |

06 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

SE un bota contas é posible que ao final do día cerre a súa conta de resultados económicos cun ou dous euros menos debido aos famosos redondeos que engordan ás empresas. Estes mini abusos son consentidos polas distintas administracións que logo proclaman a súa defensa polos intereses cidadáns. Vaiche boa. O último exemplo do que estou a dicir está no caso da suba das tarifas da Ora na capital lucense, aplicadas co beneplácito do Concello. Pois ben, debido a que as maquiniñas de marras non admiten moedas dun ou dous céntimos (faltaría máis), resulta que os que pagan por aparcar pequenos espazos de tempo son os máis castigados coa suba. Explícome, aparcar media hora custa cinco céntimos máis, o mesmo que unha hora e supoño que algo de máis tempo. ¿Quen se beneficia? Evidentemente nunca o consumidor, senón as empresas, neste caso a que se encarga dos aparcadoiros.