28 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.
? libro O pirata Metepata, da colección Xiz de cor de Baía Edicións, presentouse onte ante un bo número de nenos na librería Trama. O profesor lugués Toño Núñez é quen o escribiu e o mestre José Tomás ilustrouno. No acto participou o mago Carlos, que fixo un espectáculo do que os nenos desfrutaron especialmente grazas ao capitán Peneque, que intentou explicar a historia do libro. El mesmo é o protagonista, un mariño galego que ten que navegar polos mares e enfrontarse ao pirata Metepata.