Gratis para todos

LUGO

DESDE EL ADARVE | O |

21 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

CHEGA o verán e os nosos turistas tratámolos a corpo de rei. O Concello, que fixo un esforzo marabilloso para poñer en valor a coñecida como Casa dos Mosaicos, decide agora que todos poden entrar gratis, sen pagar nin sequera un euro. Algo parecido acontece en museos públicos como o Provincial ou o de San Paio de Narla, espazos que acollen xoias e legados que xa lles gustarían ter a outras provincias e que nós, porque somos así de fermosos, decidimos que os catalás, os madrileños e os franceses entren de balde. Iso si, todos os anos, ao longo de varios meses, as administracións locais e provinciais pasan aos cidadáns lucenses diversos pagamentos e impostos. Aí, é onde os lucenses lle pagamos aos andaluces, asturianos e británicos as entradas para ver a Casa dos Mosaicos e San Paio de Narla. Viaxen un pouco por España e xa verán o que cobran por ver algunhas pedras que din ser restos arqueolóxicos. Galicia is different .