Terceiromundismo

LUGO

OLLARES | O |

04 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

AS DEFICIENTES comunicacións con Santiago están convertendo a Alvedro como o aeroporto máis empregado polos lucenses aínda que o numero de enlaces é moi inferior ao de Compostela. É habitual atoparse, especialmente nos últimos voos procedentes de Madrid e Barcelona, con ducias de profesionais da capital das murallas. Os usuarios do aeródromo coruñés teñen que afrontar habitualmente unha situación de terceiromundismo. Son os que utilizan o último voo procedente de Madrid. Logo de vivir a incerteza do que fará Iberia (é practicamente miragroso que ese servizo saia á hora da T-4), unha alta porcentaxe dos viaxeiros teñen que enfrontarse a unha cola, propia dunha república bananeira, diante das dúas únicas máquinas para pagar o recibo do aparcadoiro. Case leva máis tempo facer este trámite, sobre todo se unha delas se atasca, que a duración do voo. Evidentemente, a esas horas (con sorte as 10 da noite) non hai nin unha soa persoa encargada de facer o cobro manual. Nin que estiveramos en Rozas.