A media voz O investigador e crego lucense, que foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, recibiu onte no Seminario un emotivo acto de benvida e agarimo
23 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.Pero por fin chegou o día. Onte no Seminario de Lugo, Xesús Ferro Ruibal , da Real Academia Galega, apadriñou a entrada de Nicandro Ares Vázquez como membro correspondente da academia. Foi un emotivo acto no que tamén participaron o bispo, Frai Xosé Gómez , o alcalde, López Orozco ; o reitor do Seminario, Angel Lorenzo ; e Jaime Delgado , tamén crego, profesor no Seminario e compañeiro de investigacións de Nicandro Ares. Éste, no discurso de agradecemento, non deixou pasar a ocasión de pedir o recoñemento de algunas palabras ben galegas como «discantiá», (Dende hai moito tempo). O prototipo de intelectual auténtico Ferro Ruibal fixo esta definición de Nicandro Ares. Dixo tamén que é un sabio por antonomasia, tan humilde que a Academia tivo que nomealo contra a súa propia vontade. «A única dúbida púxoa Nicandro, que dixo que non quería aceptar, a tivo que chamalo o propio presidente da Academia para convencelo. Pero nin así foi posible, e Xosé Ramón Barreiro tivo que dicirlle que lle deixase facer a el e, practicamente, colgarlle o teléfono». O académico Ferro Ruibal explicou que o nomeamento de Nicandro Ares é de xustiza porque dende o 1964 ao 2005 publicou 77 traballos sobre a orixe dos nomes de lugares ou de persoas. Investigou os topónimos de 24 concellos da provincia de Lugo e de media ducia doutras provincias, ademáis de escribir máis de mil artigos de investigación e divulgación en diferentes periódicos e revistas. E todo iso rebuscando nos propios vellos manuscritos, libros ou artigos, xa que agora é moito máis doado dende que todo está na rede de internet. Tan importantes se consideran as investigacións de Nicandro Ares que a academia galega vai publicar todos os seus traballos refundidos nun so volumen e cun índice final para facilitar as consultas, según explicou onte Ferro Ruibal, quen engadiu que grazas aos traballos de Nicandro Ares, hoxe coñécese a evolución científica e a raíz de moitos nomes. Ademáis das verbas de recoñecemento de Ferro Ruibal, do reitor do seminario e de Jaime Delgado, o bispo recoñeceu explicitamente nas verbas de despedida do acto que se trataba dun agradecemento de todos a Nicandro Ares, porque ao longo dos anos foi gañando entre os seus amigos, colegas e alumnos fama de gran sabio humilde e persoa de moita bondade. Entre os asistentes estaban tamén os académicos Antón Santamarina e Darío Xohan Cabana , así como varios profesores e alumnos do Seminario de Lugo, e diversos cargos do Obispado. O acto pechouse cun xantar de confraternidade para o agasallado e o resto dos asistentes, no comedor do Seminario de Lugo.