O Sergas mellora

LUGO

ATALAIA | O |

28 mar 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

SER DOENTE nesta provincia ten «premio». Paso a contarlles o caso que me tocou vivir indirectamente nas últimas semanas e que aínda non ten resolución. Empezarei por informarlles que o asegurado ao que me vou a referir tivo no último mes hasta catro médicos de cabeceira diferentes. Xa se poden imaxinar que cada un dos facultativos non sabía que tiñan decidido ao respecto do enfermo os anteriores. A cousa empezou coa solicitude dunha radiografía por parte dun dos doutores. O pacente fai a placa no Xeral unha semana máis tarde e, cando volve a consulta do médico que lla tiña pedido, xa non estaba. Era outro facultativo quen despachaba e que non puido resolver nada porque a radiografía viña sin informar. Volta de novo ao hospital de referencia e novamente agardar vez para ir ao médico de cabeceira que, por suposto, era outro distinto. Vinte días despois da primeira visita, o doente consigue que o deriven á consulta de uroloxía. Consigue vez para mediados do mes de maio. Podía ser para o 2010. O Sergas mellora.