Bandas e bandas

LUGO

DESDE O ADARVE | O |

21 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O CONCELLO de Lugo, tralo éxito das bandas rugosas postas na ronda do Carme, decidiu poñer nos pasos de peóns bandas elevadas para que se reduza a velocidade. Correcto, se desa maneira se reducen os accidentes e se evitan feridos. O que xa estraña é que non se instalen este tipo de elementos en zonas onde está constatado que hai condutores que circulan a cen kilómetros por hora, como mínimo: avenida de Fingoi, Magoi, ronda da Muralla (á altura da gasolinera), República Arxentina ou Duquesa de Lugo, por poñer varios exemplos. Parece como se quixéramos ter a sala de estar (a ronda da Muralla) bonita e relucinte, mentres que no cuarto dos desastres (ronda co Carme) lle metemos unhas bandas para que sufran os pobres constribuíntes lucenses. Digo eu que haberá que ser consecuente co que fai.