«A educación sexual é un tema máis da casa que da escola»

C. López LUGO

LUGO

SANDRA ALONSO

Entrevista | Cristina Lerma En opinión desta educadora, no ámbito da familia sobran os momentos para falar de sexo, o que falta é tempo e vontade de facelo

08 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

A segunda das charlas do programa Aprender para educar , que se celebra esta tarde, centrarase na educación afectivo sexual, da que falará a licenciada en Ciencias da Educación e Filosofía, Cristina Lerma Rei. -Si. Dentro da formación integral trátanse desde cuestións cívicas ata medioambientais, pero a educación sexual sempre vai quedando aparcada. -¿É este un tema para tratar en familia? -Creo que este é un tema máis da casa que da escola, aínda que esta pode colaborar. -¿Están preparados os proxenitores para falar de educación afectivo sexual cos seus fillos? -Están preparados para falar de cariño, de afecto, de coñecemento do corpo e tamén para explicar de onde veñen os nenos; só fai falta tempo e vontade. -¿Como deberían abordar os pais este tipo de cuestións? -O primeiro é aprender aos fillos a nomear as partes do corpo, chamando a cada unha polo seu nome, e a querelo e respetalo, tanto o seu coma o dos demais. É moi importante adecuarse á súa idade á hora de tratar os distintos temas; eso si, non hai que esperar, senón ir satisfacendo a súa curiosidade dende o momento en que fan as primeiras preguntas. -¿Hai algunha cuestión especialmente difícil de abordar? -Hai temas, como o da identidade sexual, que poden xerar confusión, pero creo que se a educación se fixo con libertade non ten porque haber problemas. O que si me parece problemático é a publicidade ou as escenas sobre sexo que presencian os rapaces na televisión ou nas revistas e sobre as que os pais deberían poñer filtros, porque non todo vale. O que non hai que facer é mentir nin limitar a información, porque pese a ela, hoxe hai máis embarazos adolescentes que hai dez anos.