Un paseo arrasado

LUGO

ATALAIA | O |

03 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O PASEO do Miño foi arrasado. Está convertido na actualidade nun verdadeiro lameiro e iso non sería o peor se non fose porque as empresas encargadas de facer as obras dos colectores levaron por diante boa parte das árbores que non había moitos anos foran plantadas. Cando un particular quere facer obras nun terreo próximo ao río ten que solicitar autorizacións que, en moitos casos, son denegadas. Neste caso concedéronse polo interese social da obra, pero, polo que se ve, ás construtoras non se lles esixiu o máis mínimo coidado coas árbores e o mobiliario urbano. ¿Serán sabedores os que destrozan unha árbore que para volver a ter outra igual hai que agardar anos?