O nabo de Lugo

| RUTH FERNÁNDEZ |

LUGO

EN FEMININO

12 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

TERRA de nabos é Lugo. O verde que dará lugar aos famosos grelos xa comeza a agromar nas hortas. Xa veñen as nabizas, tan codiciadas nos lugares nos que non se dá tan apetecible verdura, como é o caso das Canarias, onde os galegos alí asentados din botar de menos o arrecendo do caldo cocendo e o sabor da nabiza. É tamén o lacón con grelos unha institución na cultura galega. Para calquera que vén de fóra fai as súas delicias, xunto ao cocido galego, xantares típicos dunha terra na que a gastronomía verifica a existencia de todo un culto ao tradicional. Do nabo de Lugo falamos hoxe, vendo agromar as nabizas que logo no Entroido servirán de acompañamento ás cacholas, dentes, unllas, chourizos, butelos, soá, lingua salgada e todo o que do porco se poña a cocer o martes de Carnaval, gardado dende a súa matanza polo San Martiño. Isto faime lembrar a obra de Quevedo, La vida del Buscón , onde o pícaro conta entre outras moitas vivencias, o que lle aconteceu co licenciado Cabra, aqurel que «dormía siempre de un lado por no gastar las sábanas». Na obra insírese unha curiosa anécdota que di: «Sólo añadió a la comida tocino en la olla, por no sé qué le dijeron, un día, de hidalguía, allá fuera. Y así, tenía una caja de yerro, toda agujerada como salvadera; abríala, y metía un pedazo de tocino en ella, que la llenase, y tornábala a cerrar, y metíala colgando de un cordel en la olla, para que la diese algún zumo por los agujeros, y quedase para otro día el tocino. Parecióle después que, en esto, se gastaba mucho, y dio en sólo asomar el tocino a la olla. Dábase a la olla por entendida del tocino, y nosotros comíamos algunas sospechas del pernil».