LICOR DE HERBAS | O |
11 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.FUN CO benquerido Xulio Arias, un considerábel leitor, pasear polo Rato. Mal nome ten para un espléndido paseo. Un espléndido paseo de corte decimonónico do que gustaría o insigne polígrafo (mui castelaonista de museo, conservador il) Filgueira Valverde. Filgueiriña casou cunha monxa esclaustrada, coido. Dimo unha señora de Pontevedra: Filgueira era il un milcargos que gustaba de cobrar mesmo sen traballar. ¡Ollo, foi unha figura impagábel na cultura galega! Pero comía máis cos ollos que coa boca: o mil cargos mal executados. O paseo do Rato (cómo non sexa o do Fondo Monetario Internacional don Rodrigo Rato...) O paseo está ben. Orlado de lanzais ameneiros, e soutos de pérola, magníficos. Un lugar excelente para un contemplativo, un monxe contemplativo. Moitos corredores ou borriquitos en chándal, que di Sánchez Ferlosio. O futuro, a mala modernidade xa está eiquí. Ao carón dun persoeiro de novela decimonónica cun paseo de perro de seu, a mala modernidade de todos lados. Xulio Arias tivo un enfado comigo e eu tiven que bagoar toda a noite. Sen lle eu facer nada. Cousas istas tolas distes tempos. A miña xeración perdida pase amalencçónica ao carón do paseo do Rato. Fun eu o primerio en lles dicir a Laxe, Blanco e Vispo da recuperación alternativa do Rato. E coallou: xa ven vostedes. Un espléndido paseo alternativo ao Monte segade. Beizón. O paseo do Rato é unha marabilla. Señor Orozco, ¿cando saneará ise regato e lle porá parrullos e peixes e troitas, cando se limpará a fondo?