Lugo, centro mundial da ciencia

La Voz

LUGO

A seis A trixésima Reunión Bienal da Real Sociedade Española de Química celebrarase durante a vindeira semana na cidade coa presenza do Nobel Aaron Ciechanover

13 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

«Será un foro mundial onde os diferentes campos científicos debatan e entablen relacións sobre a actualidade científica», explicou onte en Santiago o profesor da USC, Eugenio Rodríguez , na presentación da trixésima Reunión Bienal da Real Sociedade Española de Química (RSEQ), que se celebrará na Facultade de Ciencias de Lugo a partir do vindeiro luns e ata o venres 23. No acto tamén estiveron presentes o reitor da USC, Senén Barro ; o decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga ; e o presidente da RSEQ, Carlos Saa . Esta edición destacará pola presenza do premio Nobel de Química 2004, Aaron Ciechanover, que impartirá unha conferencia plenaria no transcurso do congreso, baixo o nome ¿Por que teñen que morrer as proteínas para que nós vivamos? Tamén participarán ó redor de 600 congresistas procedentes de España, Escocia, Suecia, Francia, Italia, Suiza, Países Baixos, Israel, Estados Unidos e Arxentina. Ao longo das cinco xornadas que conformarán a reunión, terán lugar cinco ponencias plenarias, con 60 invitados e un total de 538 charlas sobre temas específicos en materia de química moderna, co fin último de aportar e sacar á luz cuestións directamente ligadas ao avance social. Neste senso, concederase un premio ás dúas mellores comunicacións presentadas en panel durante a Bienal. Producción científica Durante o acto de presentación da Bienal, o reitor Senén Barro explicou a importancia do Estado español no ámbito da ciencia: «Os estudos bibliométricos que analizan a producción científica das universidades e organismos da ciencia situaban en 2004 a España no décimo primeiro lugar en I+D e, no campo concreto da Química, na oitava posición do ranking mundial». Nesa mesma línea, o reitor da USC apuntou que «a nosa universidade ocupa o lugar 272 entre tódalas institucións universitarias e científicas do mundo en canto a producción en química, e é unha das máis frutíferas do Estado». Outras citas Simultaneamente a este encontro, levaranse a cabo en Lugo outros congresos, como a vixésimo séptima Reunión do Grupo Especializado de Electroquímica, o décimo sexto Simposio do Grupo Especializado de Cristalografía e a quinta Reunión do Grupo Especializado de Crecemento Cristalino.