Unha nova polémica educativa

| MARÍA CUADRADO |

LUGO

DESDE EL ADARVE

07 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

NESTE PAÍS pasamos de buscarlle os tres pés ao gato no Prestige , de ser protagonistas internacionais porque o noso goberno depende dos que viven a miles de quilómetros e agora .... a tirarnos dos pelos porque os libros de texto, parece, van ser gratuitos para os 127.000 alumnos galegos inscritos nos centros de ensino púlbicos e concertados. É a segunda medida polémica promovida por Educación. A primeira quedou no caixón despois de que a titular do departamento se reunira e, a segunda, vai camiño do mesmo. As queixas doen, pero fortalecen. Os libreiros e os editores teñen todo o dereito do mundo a acusar á Xunta de falla de diálogo, pero tamén os pais dos alumnos terán algo qué dicir. O que máis sorprende é o cinismo. ¿Ninguén se acorda do ben considerados, calificados incluso de progres, que son aqueles concellos que levan anos subvencionando os libros escolares?