LICOR DE HERBAS | O |
18 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.LEMBRO perfectamente, arreconchegado á fachada de Xelmírez 15, tocando tactilmente a pedra de gran do edificio que fai esquina á praza da Quintana, a don Ramón Piñeiro a me dicir a unha pregunta miña sobre a disolución do PG: «Aquí vén este co Partido Galeguista». Piñeiro, como sabemos, disolve practicamente o partido vello no congreso de Poio. No que todo o mundo denominou «célebre congreso e triste de poio». Ramón Piñeiro declárase así de facto e na práctica non só contrario a calquera tese nacionalista senón minimamente galeguista e de contidos propios. Segue así, as célebres teses de isco, facéndose españolista. Risco que o xefe de toda teoría e praxe galega. Piñeiro, sen sabelo ou non, faise un «traidor» a calquera causa nacional propia. O PG era e foi o partido, xa non de Castelao, mais de todos os membros do exilio voluntario ou non, os profesores de América: Xoán Rubia Barcia, o gran Ramón Martínez, Dino Pacios das terras de Riotorto, etc. O PG volve hoxe á escea política da man dun grupo de xentiña para combater nos concellos. E iso para darlle maior mobilidade e dinamismo social ao tecido ou corpo electoral galego. Veremos a ver.