DESDE EL ADARVE
19 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.CORREN tempos de aceleracións. As eleccións autonómicas xa marcan o calendario de todos, non só dos políticos. Estos días aparecen ante a opinión pública con máis forza que nunca os colectivos, as asociacións, as empresas, as institución, os particulares, e, se me apuran, os presidentes das comunidades de veciños. Todo sexa por estar en primeira liña, na foto de rigor que mellor coloque a cada un no seu sitio ou incluso misturado. Con tantas expectativas, un comeza a ter a sensación dunha responsabilidade enorme, de que os cidadáns terán na súa man a decisión de como será o futuro e o porvir de xeracións. Quizais non sexa para tanto. O que si esperan os votantes é que os políticos se saiban manter á altura das circunstancias, cun xogo limpo e claro, porque os cidadáns amosan cada ano que pasa da democracia que non perdonan e xa son máis intelixentes do que moitos pensan.