17 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.
? festa das letras galegas tamén se celebrou onte pola tarde en Palas de Rei dentro do programa de actividades do Maio Cultural, que promoveu o Concello. O investigador mindoniense Armando Requeixo ofreceu unha conferencia na Casa da Cultura. Trala charla, entregáronse os premios do concurso As nosas letras , dedicados nesta edición a María Mouronte, profesora do instituto de Palas falecida en accidente de tráfico o pasado ano. Os gañadores dos premios foron Anahí Ouro Blanco, Cristina García, Cibreiro e Noemí Ferreiro Ribas. Logo da entrega dos galardóns, actuou o banda de Palas para poñer fin ás celebracións que organizou o Concello con motivo do Día das Letras Galegas.