28 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.
? porta do Instituto Virxe dos Ollos Grandes foi onte pola tarde o escenario dunha concentración que, baixo o lema Unir voces en defensa do ensino público , convocou a central CIG-Ensino. Os manifestantes portaban unha pancarta reivindicativa e criticaron o desvío de diñeiro público para os tramos non obligatorios nos centros privados. Destacaron que se descapitaliza o público e que as subvencións superan o gasto en transporte escolar.