Trapalladas xeográficas

| XAVIER LOMBARDERO |

LUGO

DESDE EL ADARVE

25 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

POR PROXIMIDADE e afecto -Quini pasoume de neno o cariño ao Sporting-, sigo unha actualidade asturiana na que de vez en cando xurde un mal rollo cos galegos. Hai persoas que non soportan que no Occidente astur se fale galego e ata tal punto chega o complexo ou animosidade, que son capaces de firmar alucinantes argumentacións paralingüísticas. Cando encenden, acaban falando ata de colonialismo galego. O PP asturiano, por exemplo, considera que uns paneis en galego que expón o Ayuntamiento de Gijón sobre un castro daquí, supoñen promocionar unha lingua foránea. A concelleira de Cultura, acertadamente, chámalles divagantes aos protestantes. Pero os lugueses de Oriente e os asturianos de Occidente entendémonos bastante ben. Andamos por camíns e ríos comúns e a maioría pasamos destas trapalladas. Por certo que á Caridá (en El Franco) xa se lle chama oficialmente A Caridá.