Galicia de Oscar

RUTH FERNÁNDEZ

LUGO

EN FEMININO | O |

12 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

O FILME dirixido por Alejandro Amenábar, aplaudido en cada certame cinematográfico, convertiuse na película máis premidada do cine español. Seguindo os pasos andados por cineastas como Garci, Trueba e Almodóvar, o diretor de Mar adentro fíxose co cuarto Oscar para a historia do cine español, Pode falarse de éxito total, para todo o equipo humano que foi capaz de reflectir coa máxima maestría a dureza dunha vida e dunha loita, aínda con trazos de humor, dun home privado de liberdade. O pai de Mar adentro confésase enormemente agradecido a Ramón Sampedro, a quen lembra sempre que ten ocasión para adicarlle un sorriso na súa loita por unha morte digna dende a súa condición de tetrapléxico. «Unha vida sen liberdade, ¿que vida é?», esa é a mensaxe que se reflicte no filme do diretor de Tesis , Abre los ojos ou Los otros . A historia galega de Sampedro conmocionou ao espectador, serviu para reabrir o debate sobre a eutanasia e convenceu aos xurados. Un aplauso para Amenábar, toda unha celebridade da sétima arte. Ademais é o primeiro Oscar dunha historia galega.