Todo ollos e nariz

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

NO OUTEIRO | O |

05 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

SAÍDOS dunha paleta de cores reducidas, os cadros de Isaac Díaz Pardo que vén de expoñer Caixa Galicia son todo ollos sobre lenzo. En óleo. Tamén é característica da súa pintura o nariz alongado das figuras. As curvas e maila sensualidade das femininas lembran ás do pintor flamenco Rubens. É o caso do cadro As tres gracias ou O xuízo de Salomón . Tanto nestes como no resto, deixarían profunda pegada no maxín de Díaz Pardo as asiduas visitas ao Museo do Prado. Estudaba Belas Artes. Alí puido enchouparse e deixarse influír polo estilo barroco da pintura de Velázquez ou Rubens; tamén a de Tiziano e Goya influría nel. A deste último percíbese na obra Os afogados. Na do intelectual galego é o sufrimento dos homes do mar, a través dos ollos dun mariñeiro afogado, como se reflicte o sufrimento. Lémbranos aqueloutro dos fusilados El 3 de mayo de 1908 , de Goya. Outros dous cadros, Maternidade e Bautizo , definen o que Otero Pedrayo fixou como «instinto sublime de continuidad». 1946, talvez falen dabondo os ollos dun pai que no bautizo, se ben orgulloso, non sabe que será do seu meniño.