O Lugo literario

MANUEL XOSÉ NEIRA

LUGO

TRIBUNA | O |

02 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

FAISE precisa e con visos de inmediatez unha escolma pola xeografía literaria de Lugo. A leria comezou con Xesús Rodríguez López aló no XIX. Un médico humanista estudoso das supersticións. Logo vén Aureliano J.Pereira, que deixou páxinas memorables sobre provincialismo, rexionalismo; o noso proto-nacionalismo. En Lugo viviron uns serios e importantes escritores como Luís Manteiga, facendo de vendedor de gramolas no Campo Castelo, isa praciña tan literaria, e uns profesores estupendos e ilustrados de verdade como foron Ramón Martínez López, e Filgueira Valverde. Merecen mención gravurada en placa. Temos as importantes revistas: Ahora , Guión , Yunque , Ronse l... Para Guión e Ronsel traduciu, coido que directamente do alemán, unha figura interesante e que non mereceu atención por parte de ninguén: Mercedes Pimentel. Ese nome, Mercediñas, ten o arrecendo sutil das cerdeiras froridas, a regustía da amenta de auga, do fiúncho en flor. Teremos ante todos que calibrar o valor de Fole, un autor que a min me deixa perplexo, un autor integral, como Galdós ou Cela, cun enorme prestixio ante o pobo. Por último, un inesquecíbel e misterioso Luis Pimentel. Un autor de fuste, a uns pasiños dunha celebérrima figura.