NO OUTEIRO | O |
28 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.O PLAN Galicia interésanos aos galegos. ¡Que menos! Agora ben, a cada partido á súa maneira. Obsérvense as reaccións e titulares destes días. Á fin adxudicado o porto exterior da Coruña, foi reveladora a soidade do respiro que botou Touriño. Aínda falta saber se se fará cos fondos estruturais ou cos de cohesión. Pero o primeiro paso xa está dado. Resulta paradoxo que un plan nado nos mesmos fondos onde se arroxou o Prestige, sexa agora aproveitado para facer punta de lanza da confrontación entre gobernos. Se se fixan, o de Fraga está a ser ao de Zapatero o que foi o de Chaves ao de Aznar. E non sen apoios. Sen embargo, aínda que non o pareza isto trae beneficios para os galegos; ao fin e ao cabo o único que debera movernos. Sen distinción de cores partidistas, o Plan Galicia xa é a nosa amarradoira, no que ten de débeda histórica e leva de futuro para nós. A propósito, xa que falamos de nós, para os lucenses a autovía de Nadela a Monforte, a de Lugo a Santiago e a da Mariña a Lugo ten tanta ou máis importancia que o que moi engordiño vai avanzando polas travesas do afortunado eixe atlántico. ¡E a nós que nin a lotería...!