Entrevista | Ruth Fernández Licenciada en Filoloxía Hispánica, gañou a novena edición do premio Manuel Reimóndez Portela. Decidiu doar parte do premio a bibliotecas
27 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.Ruth Fernández di que foron varios traballos sobre o fomento da lectura, por exemplo Un libro para o verán e Como cabeceira , os que lle deron o premio. -¿Cómo decidiu doar parte do premio ás bibliotecas? -Porque como era sobre o fomento á lectura, pois quixen contribuír a que os nenos da zona rural tivesen máis libros par disfrutar. -¿Algunha razón especial para doar á biblioteca de Antas de Ulla? -Porque estiven chamando a varias bibliotecas e tamén falei coa directora da biblioteca provincial de Lugo, que me falou do bo funcionamento da de Antas; e que me interesaba moito pola animación á lectura, é garantía de que non quedarían os libros en caixas, basicamente por iso. -¿Doou a algunha outra biblioteca? -A unha próxima, á de Monterroso, tamén por ser Lorenzo Varela dese pobo, e porque se lle dedica o Día das Letras Galegas. -¿En qué lingua están escritos os libros que doa? -Pois en castelán e en galego. En castelán porque teñen menos, ao darlles a Xunta libros en galego ás bibliotecas. -¿Cree importante a animación á lectura na biblioteca? -Si, fundamental, porque son os centros os que deberían chamar aso rapaces para poñelos en contacto cos libros. -¿Como implicaría aos pais en facer lectores? -Diríalles que lean cos nenos e que os acompañen ás bibliotecas. -¿Como explicaría o baixo índice lector? -Pola invasión de Internet, da tele. Non podemos achacar a que son caros pois os libros nas bibliotecas están gratis para todos.