Austricigilo, ¿para un bebé?

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

NO OUTEIRO | O |

15 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

MOSCABA castañas cando, despois dun zapping radiofónico, oín que falaban de nomes raros. Os radiooíntes (de RNE) chamaban e dicían nomes curiosos cos que se atoparan no seu traballo. Prestei atención cando unha señora, logo de explicar que traballara nunha notaría, dixo que ningún lle produciu tanta cousa como o de D. Juan Millo Trigo. Porque dábase a casualidade de que tamén vivía en Pancenteno. Puidera ter sido de Pancrudo. Contou a mesma, que lembraba outro tamén moi bo: D. Delicioso Troncoso Troncoso. O tipo, segundo explicou ela, de delicioso nada; era horroroso, engadiu. Pois si que se lle quedou gravado. Pero quen sabe se o fulano non era o gañador dalgún deses concursos de feos! Monadas aparte, nada tan cruel como poñerlle a un bebé Austricigilo, por exemplo. Non me digan que non son ganas de complicarlle a vida ó neno. Iso si, calquera nome é tan honroso coma outro, como non podía ser doutro xeito. Pero o dos nomes ten o seu aquel. Lembro o caso dunha que púxolle á filla Ruth e logo arrepentiuse. A cativa cumpriu varios anos e os avós aínda son incapaces de pronuncialo correctamente. Cos nomes tan bonitos que temos acó!