Espere vostede a mañá

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

11 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

OU ALGÚN día seremos tan bos que nos sairemos do mapa, ou agora estamos na total das miserias. Hai unha sensación en Lugo de provisionalidade permanente, «de xa se fará», «de agardamos que pronto», que un non sabe moi ben se a cidade e a provincia están no terceiro mundo ou en apenas cinco anos imos ser o mellor barrio de Manhattan. Que se as listas de espera, que se o peche de plantas do Xeral, que se non se suministra a epidural... que todo se vai amañar co novo hospital. Seguimos. Que se non hai espazos axeitados para facer actos culturais, que se non podemos aspirar a grandes óperas, que se o Gustavo Freire está moi solicitado... que todo se resolverá co novo auditorio. Que se hai poucas empresas, que se non hai solo industrial, que se o paro é alto... que todo ten solución cos terreos das Gándaras. Iso si, menos mal que veu Carlinhos Brown.