Tradición Familiar, marca pendente da PAC

La Voz

LUGO

González defende a idea de que o consello exerza de paraugas baixo o que se poidan acoller e vender marcas distintas. De momento, isto non ocorre no caso de Ternera Gallega. -No caso da carne debería haber ese posicionamento. Eses parámetros mínimos que marcasen distincións. O de carne non é un mercado marquista e isto da lugar a que se venda igual un tenreiro cebado en Cataluña que outro que mama da súa nai en Galicia. É porque no mercado falta definición, etiquetado e información ao consumidor. A calidade da carne de Ternera Gallega está por enriba da media. A carne tiña que ser marquista no mercado. -O gandeiro veo mal. Gustaríalle que houbese máis equidade e para iso é fundamental que a carne estea posicionada e que non haxa un prezo medio para toda ela. Iso non pasa co viño ou o co aceite de oliva. -¿Haberá Ternera Galega-Tradición Familiar? -A petición de Acruga é un tema que está falado, que hai acordo, simplemente hai un pequeno detalle que o está a atrasar un pouco e que é o sistema de primas que hai agora mesmo. Estamos pendentes da nova reforma da PAC para saber se quedan ou non desacopladas as axudas. Todo apunta a que a que queda acoplada é a das vacas nodrizas e desacoplada a de cebo. Isto significa que o gandeiro vai poder vender o xato cando queira. Así, non habería problema.