Lugo demanda unha nova piscina

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

10 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

XA CANDO se inaugurou a piscina das Pedreiras a cidade tiña necesidade dunha nova instalación. Pasaron os anos e a saturación de usuarios comeza a ser grande. Non hai máis que ver o enorme número de solicitudes que se están a facer estes días para anotarse aos cursos de aprendizaxe e iniciación á natación. Moitos deles serán tamén futuros usuarios, co que as piscinas públicas actuais non serán capaces de asumir tanto volume de xente. Ademais, moitas persoas quedarán fóra desta convocatoria dos cursos de natación por falta de plazas, ou o que é o mesmo, por falta dunha instalación pública. As piscinas privadas non dan asumido o incremento de lucenses que desexan nadar. É un deporte cada vez máis recomendado polos médicos, dado o elevado número de persoas con problemas de traumatoloxía. Xunta, Concello e Deputación deberían porse de acordo e traballar neste sentido.