TRIBUNA | O |
20 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.TODOS sabemos que o pai de Antonio Machado era un namorado do folclore galego, iso deixou escrito en abundantes anotacións. Antonio Machado tivo moi pouca relación persoal con Galicia, e coido que nunca puso os pés no noso país. A nivel popular e de cultura media, Antonio Machado é moi estimado, mais coa reivindicación dos versos golfos e bohemios do seu irmán Manuel, moi reivindicado por certo pensamento de dereitas, pois Antonio quedou eclipsado coma por unha nube de chumbo que pasa sobre as nosas cabezas. No diario El sol despois de Franco se lle tildou de horteira. Eu vexo máis horteira ó seu irmán Manuel, o decadente. Podemos dicir que a reflexión moral e profunda do pobo español está non nas mans de certo prosaísmo ou poeta vulgar. Pouco hai diso, a non ser naquilo de «las polvorientas encinas», pero comparado co retrogradismo de Manuel co sol «picando nas altas lanzas dos soldados do Cid» é unha miudalla. Antonio tiña un claro sentir popular, mui arraizado na terra e no home. Manuel era máis supérfluo, tiña gracexo pero a súa España «decadente del siglo XX» é detestable. Polo tanto quedémonos con la pura lírica grave de Antonio.