Europa son alianzas

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

09 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

NIN DENTRO do exército estaban de acordo con pregarse tanto aos intereses dos norteamericanos. Perante unha comida familiar, hai xa meses, un alto mando da Mariña pronunciábase así: «Nós non somos ianquis que somos españois». E é que cada un debe mirar polo seu, ¿logo non? Xa viron que axiña pasamos da fotografía das Azores de Bush, Blair e Aznar a estoutra na que Bush e Chirac aparecían fraternais. Non sabemos aínda se o dos EE.UU. volvería ou non a comer as famosas patacas francesas que, se non foron esas outras parecidas, provocáranlle aquel famoso accidente. Tanta leña para agora isto. ¡Mellor! Agora ben, se malo é dobregarse ao goberno de Bush tampouco ha ser moi bo someterse cegamente aos intereses dos franceses (de Napoleón) e dos alemáns (que levaron a Hitler ó poder). Por certo, non esquezan outra foto: a de Chirac e Schröder conmemorando o desembarco de Normandía. E vindo acó, tralo dito, tamén é discutible que os intereses de Galicia vaian necesariamente parellos ós dos cataláns e vascos. Claro que nun mundo tan globalizado coma este precísanse das alianzas, e, iso si, cada quen mira para onde máis lle convén.