Marcando estilo

| XAVIER LOMBARDERO |

LUGO

DESDE EL ADARVE

12 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI QUEN se vai, co traballo feito, co servicio cumprido, tranquilamente ó seu choio; e hai quen escapa ou prepara a maleta a ver se chega a tempo para coller outro carguiño. Outros non poden escapar, acostuman a ter media familia mandando aquí e acolá, e só dependen da súa intelixencia para situarse no momento oportuno ó lado de quen teña a vara. A política é o que ten, quen se apunta depende do labor propio pero tamén dos erros y acertos alleos. É coma un encaixe de bolillos, con distintas formas de mover os fíos. A claridade de análise é fundamental para sobrevivir. Hai xente en Lugo que leva anos marcando estilo á hora de facer política, e outros que empezan a collerlle o tranganillo. Estamos en tempos de transición económica e política. Non sabemos que pasará co petróleo. Mentres Fadesa sobe en bolsa, alértannos do derrubo dos prezos de pisos. ¿Quen vai gañar no PP? ¿E no PSOE?