Festas da primavera

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

26 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

É UNHA mágoa que este ano non se celebren as festas da primavera, unha iniciativa que comezou no anterior mandato municipal e organizada dende a área de Turismo que levaba Fernando Blanco. Por unha semana, a cidade vivía da música, da gastronomía, da noite, da arte... Seguro que como todo era mellorable e ás festas lles faltaban asentamento para ser máis recoñecidas, pero se queremos mellorar o turismo da cidade non é bo pechar sen moitas explicacións unha cita que creo que merecía a pena seguir apostando por ela. Lugo é unha cidade demasiado entregada ao San Froilán, cando a vida dunha capital de provincia son doce meses do ano. A cidade necesita reclamos para conseguir que os lucenses se sintan orgullosos e ademais que reciba numerosos visitantes. Non por enchernos de comida un mes podemos pasar fame once meses.