Pensións dignas

JOSÉ LUIS DÍAZ

LUGO

TRIBUNA | O |

11 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

O INSTITUTO Galego de Estatística indicou hai un ano que o importe medio das pensións públicas en Galicia está nos 432,81 euros, cantidade inferior á media española, de 519,36 euros. Na provincia de Lugo a pensión media por pensionista está situada en 392,22 euros é máis baixa que a galega. En Europa as pensións medias de Luxemburgo, Noruega, Austria, Holanda, Bélxica, Alemaña e Francia superan amplameinte á española, e van dende os 1.592 euros de Luxemburgo ós 800 euros de Francia. O secretario de Estado de Seguridade Social e o propio Ministerio de Traballa dixeron que habería que considerar toda a vida laboral para facer o cálculo das novas pensións. É evidente que de levar a cabo esta decisión, en Lugo e en Galicia, coa realidade de salarios, os máis baixos do Estado, poderíase empobrecer de xeito importante as economías das turuas pensións entre un 15 e un 25%. Un entende perfectamente que a Xunta de Andalucía pretenda corrixir á alza cos seus presupostos as pensións de renda inferior. O que nos chama a atención é o silencio da Xunta de Galicia e a oposición do Goberno diante desgta medida positiva que conta coa aprobación do Tribunal Constitucional. Sexan ben recibidas proposta para que ninguna pensión sea inferior ós 600 euros.